logo sli
Computational Linguistics Group (SLI), 2005-2018
University of Vigo

English-Galician CLUVI Dictionary, 2nd edition (revised version 2.2)

(Based on the CLUVI Corpus of the University of Vigo)



In English
Starting with
In Galician
Exact match
Title page
About
- Adam, adamant, adapt, adaptability, adaptation, add, addict, addicted, addiction, addition, additional, additionally, addle, address, adept, adequate, adequately, adhere, adherent


addition


- noun
- ampliación

EN Opposite a wide common planted with elms, the College of the Escolapios -- large even before the recent additions in the original style -- is a fine Herrera building with a remarkable granite staircase and some good carving by Francisco Moure in the chapel; but for El Greco lovers its best treasure is the beautiful St. Francis, one of the few great pictures possessed by Galicia.
GL En fronte dun gran campo plantado de olmeiros, o colexio dos Escolapios, grande mesmo antes das recentes ampliacións en estilo orixinal, é un fino edificio de estilo herreriano cunha escaleira de granito digna de ser salientada e algunhas boas tallas de Francisco de Moure na capela; pero para os amantes do Greco o seu mellor tesouro é o precioso San Francisco, unha das poucas grandes pinturas existentes en Galicia.
- Fonte: GAL (458)
- complemento

EN "The potatoes," wrote Ford in 1845, "are excellent, although not yet used as an article of general subsistence, but rather as a culinary addition to the tables of the richer classes".
GL "As patacas", escribiu Ford en 1845, "son excelentes, aínda que non se utilizan polo momento coma un artigo para a subsistencia, senón coma un complemento culinario das mesas das clases máis ricas".
- Fonte: GAL (228)
- suma

EN For instance, the addition of some thousand carcasses in our exportation of barreled beef, the propagation of swine's flesh, and improvement in the art of making good bacon, so much wanted among us by the great destruction of pigs, too frequent at our tables; which are no way comparable in taste or magnificence to a well-grown, fat, yearling child, which roasted whole will make a considerable figure at a lord mayor's feast or any other public entertainment.
GL Por exemplo, a suma dalgúns milleiros de reses mortas á nosa exportación de carne en bocoi, a difusión da carne de porco, e unha mellora na arte de face-lo bo touciño, demasiado frecuente nas nosas mesas, que tanto necesitamos debido á destrucción dos porcos, que de ningunha maneira se poden comparar en sabor ou grandiosidade a un neno grande, repoludo e acabado de nacer, que asado chegará de abondo no festín dun alcalde ou noutro espectáculo público.
- Fonte: PRO (49)
- adición

EN One way or another, we will see an exponential rise in the number and variety of possible genetic extensions -- like the additions to computer operating systems that occurred during the 1980s and 1990s.
GL O número e a diversidade das intervencións xenéticas vai aumentar de maneira exponencial, algo así como as adicións ós sistemas de funcionamento das computadoras efectuadas nos anos oitenta e noventa.
- Fonte: C18 (308)
.....--- in addition
- ademais

EN I made what progress I could in the language, and in addition I pushed my explorations here and there.
GL Fixen tantos progresos como puiden na súa lingua; e, ademais, seguín explorando por aquí e por acolá.
- Fonte: TEM (875)
- amais

EN In addition, paleoanthropology has been practiced largely by people who come from a human anatomical background.
GL Amais, cabe destacar que numerosos paleoantropólogos inician a súa Carreira estudiando a anatomía humana
- Fonte: C22 (1180)
- tamén

EN In addition, efforts are being made to install more private taps and to improve sanitation -- an undertaking which is proving difficult as many communities have trouble paying for these new services.
GL Aumentarase tamén o número de billas que subministran auga ás casas e ás instalacións sanitarias -- tarefa particularmente difícil, pois numerosas comunas carecen dos recursos precisos para pagar eses novos servicios.
- Fonte: C04 (315)
.....--- in addition to
- á parte de

EN In addition to full-time volunteers, many others from the community at large give some of their time.
GL Á parte das voluntarias a tempo completo, outras moitas mulleres da comunidade prestan axuda.
- Fonte: C06 (494)
- sen contar

EN In addition to the 1948 Universal Declaration, the two covenants of 1966 and countless non-binding declarations, over 30 conventions have been adopted since 1968.
GL Máis de trinta convencións, sen conta-la Declaración Universal, os dous pactos de 1966 e as innumerables declaracións sen carácter obrigatorio foron así aprobadas desde 1968.
- Fonte: C01 (82)