GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0329

ABAU/2016-2017/CD09/xuño/02

Comisión Delegada09
Convocatoria de exameXuño
TemaA gastronomía

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

É unha evidencia que o mundo da gastronomía e da cociña dou nos últimos anos un gran xiro nas preocupacións . Antes se cuestionaba o sabor dun bo prato, non importaba a presentación do mesmo e o verdadeiramente esencial era comer en gran cantidade ata acabar desbordado.

Agora, na actualidade, sen embargo a preocupación dun gran cociñeiro é a de innovar en cada prato. Iso é o que diferencia un gran cociñeiro dun medianamente bo. Os mellores, teñen unha brillante capacidade para desenvolver unha boa presentación e non se olvidan da importancia do sabor, polo que tamén mostran un importante interese.

Unhas das causas que fixeron posíbel o xiro a unha cociña máis innovadora foron a modernización dos elementos de cociña e tamén a conexión de todo o mundo. Nestes momentos é máis fácil interactuar cos lugares descoñecidos. Esta comunicación cos lugares afastados fixo máis doada a transmisión das culturas repartidas por todo o planeta, e axudou a poñer en común as ideas, gustos, formas e métodos para a cociña.

A parte de todo iso, moita xente pensa que este cambio perdurará no tempo, porque as persoas máis poderosas diferéncianse da maioría da poboación por poder consumir estes diminutos e prezados pratos.

Por todo iso, valorase que a cociña ten que ter boas prestacións, é importante a apariencia pero o verdadeiramente importante está no sabor, polo que non hai que olvidarse disto último.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt