Léxico dispoñible
O léxico dispoñible é o vocabulario que se presenta na mente dos falantes de xeito inmediato e natural cando se trata de determinado ámbito temático, denominado centro de interese (CI). Para obter o léxico dispoñible, trabállase con mostras representativas de informantes que escriben, nun tempo controlado, listaxes de palabras vinculadas con determinados temas (os CI). A dispoñibilidade léxica dos datos obtidos calcúlase tendo en conta non só a frecuencia das formas nas listaxes, senón tamén a orde de aparición nelas. Por suposto, as palabras máis frecuentes e que ocupan postos máis altos nas listaxes son as máis dispoñibles.
Léxico dispoñible do galego (2014). Descrición básica
No ano 2014 Belén López Meirama e María Álvarez de la Granja publicaron como anexo 71 da revista Verba o libro Léxico dispoñible do galego (LDG), que analiza o léxico dispoñible proporcionado no curso 2008-2009 por 800 estudantes de segundo de bacharelato para 18 ámbitos temáticos ou centros de interese (CI).
Os centros educativos que compoñen a mostra son os seguintes.
Centro escolar | Localidade | Poboac. | Prov. | Situac. | Nº enq. |
---|---|---|---|---|---|
1 IES Agra do Orzán | A Coruña | Urbana | CO | costa | 16 |
2 IES Salvador de Madariaga | A Coruña | Urbana | CO | costa | 15 |
3 IES Eusebio da Guarda | A Coruña | Urbana | CO | costa | 17 |
4 CPR Cristo Rey | A Coruña | Urbana | CO | costa | 16 |
5 CPR Grande Obra de Atocha | A Coruña | Urbana | CO | costa | 16 |
6 CPR Santo Domingo | A Coruña | Urbana | CO | costa | 16 |
7 IES Saturnino Montojo | Ferrol | Urbana | CO | costa | 17 |
8 IES Rodolfo Ucha Piñeiro | Ferrol | Urbana | CO | costa | 15 |
9 IES Pontepedriña | Santiago | Urbana | CO | interior | 14 |
10 IES Antonio Fraguas Fraguas | Santiago | Urbana | CO | interior | 18 |
11 IES As Fontiñas | Santiago | Urbana | CO | interior | 16 |
12 CPR La Salle | Santiago | Urbana | CO | interior | 16 |
13 IES Fragas do Eume | Pontedeume | periurb. | CO | costa | 19 |
14 IES Afonso X O Sabio | Cambre | periurb. | CO | costa | 16 |
15 IES de Ames | Bertamiráns | periurb. | CO | interior | 13 |
16 IES Isidro Parga Pondal | Carballo | Vila | CO | costa | 16 |
17 IES Campo de San Alberto | Noia | Vila | CO | costa | 16 |
18 IES Francisco Aguiar | Betanzos | Vila | CO | interior | 16 |
19 IES Punta Candieira | Cedeira | Rural | CO | costa | 16 |
20 IES Macías o Namorado | Padrón | Rural | CO | interior | 16 |
21 IES Terra do Xallas | Sta. Comba | Rural | CO | interior | 16 |
22 IES Politécnico de Lugo | Lugo | Urbana | LU | interior | 16 |
23 IES Xoan Montes | Lugo | Urbana | LU | interior | 16 |
24 IES Leiras Pulpeiro | Lugo | Urbana | LU | interior | 16 |
25 IES Francisco Daviña Rei | Monforte | Vila | LU | interior | 16 |
26 IES Pedregal de Irimia | Meira | Rural | LU | interior | 16 |
27 IES Porta da Auga | Ribadeo | Rural | LU | costa | 16 |
28 IES Otero Pedrayo | Ourense | Urbana | OU | interior | 18 |
29 IES A Carballeira | Ourense | Urbana | OU | interior | 14 |
30 CPR Santa María | Ourense | Urbana | OU | interior | 16 |
31 IES Nº 1 do Carballiño | O Carballiño | Vila | OU | interior | 16 |
32 IES Aquis Querquernis | Bande | Rural | OU | interior | 16 |
33 IES do Castro | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
34 IES Alexandre Bóveda | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
35 IES de Beade | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
36 CPR María Inmaculada | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
37 CPR Las Acacias | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
38 CPR Apóstol Santiago | Vigo | Urbana | PO | costa | 16 |
39 IES Sánchez Cantón | Pontevedra | Urbana | PO | costa | 16 |
40 IES Gonzalo Torrente Ballester | Pontevedra | Urbana | PO | costa | 16 |
41 IES A Xunqueira | Pontevedra | Urbana | PO | costa | 16 |
42 IES Val Miñor | Nigrán | periurb. | PO | costa | 16 |
43 IES Primeiro de Marzo | Baiona | periurb. | PO | costa | 16 |
44 IES Ribeira do Louro | O Porriño | periurb. | PO | interior | 16 |
45 IES de Rodeira | Cangas | Vila | PO | costa | 16 |
46 IES Castro Alobre | Vilagarcía | Vila | PO | costa | 16 |
47 IES Manuel García Barros | A Estrada | Vila | PO | interior | 16 |
48 IES Pedra da Auga | Ponteareas | Vila | PO | interior | 16 |
49 IES A Sangriña | A Guarda | Rural | PO | costa | 20 |
50 IES de Valga | Valga | Rural | PO | interior | 12 |
Táboa 1. Os centros de ensino do LDG
A enquisa
As enquisas constan de dúas partes. Na primeira recóllense os datos de tipo sociocultural e sociolingüístico das/dos estudantes; na segunda recóllese a información estritamente lingüística, a través de listaxes de palabras correspondentes aos 18 CI escritas polas/polos estudantes nun tempo de dous minutos para cada CI.
Os datos socioculturais e sociolingüísticos dos que se obtén información para cada estudante son os seguintes:
A partir da información obtida sobre o lugar de residencia familiar, cada enquisa é asignada a un dos seguintes tipos de residencia: urbana, periurbana, vila e rural. A partir sobre todo dos estudos dos pais e, secundariamente da profesión dos pais, atribúeselle a cada estudante un determinado nivel sociocultural.
O tratamento dos datos lingüísticos. Criterios de lematización dos materiais
Ás diferentes palabras e expresións escritas polas/polos estudantes na segunda parte da enquisa (chamadas variantes) son lematizadas baixo unha forma normalizada (lema) que permite agrupar variantes flexivas (por exemplo ollo e ollos, variantes ortográficas, como abogado e avogado, variantes fónicas ou morfolóxicas, moitas veces dialectais, como pantalóns, pantalois e pantalós, así como formas convenientemente escritas con voces que conteñen erratas, lapsus etc.
Ademais, as frecuentes voces de orixe española que se encontran nas listaxes teñen un diferente tratamento en función da existencia ou non dun cognado galego.
Tal e como se pode observar nos seguintes exemplos, moi frecuentemente baixo un lema podemos encontrar un considerable número de variantes, que poden ser de moi distinto tipo:
óso 291
hosos 2
hueso 2
huesos 4
osiños 1
oso 33
óso 51
osos 88
osós 1
ósos 109
beirarrúa 208
beira rúas 1
beirarrua 9
beirarrúa 80
beirarruas 10
beirarrúas 35
beirarua 7
beirarúa 33
beiraruas 4
beirarúas 12
beirarús 1
beirrarúa 1
beirrarúas 1
veira rúa 4
veirarrua 1
veirarrúa 1
veirarrúas 2
veirarúa 2
veiraruas 2
veirarúas 2
carretera 162
caretera 1
carreteira 49
carreteiras 31
carretera 44
carreteras 36
moitas carreteiras 1
axuntamento 43
aiuntamento 1
alluntamiento 1
axuntamento 20
ayuntamento 10
ayuntamiento 10
ayuntamientos 1
Os criterios de edición detallados, así como a súa xustificación, poden consultarse no Léxico dispoñible do galego (López Meirama, Álvarez de la Granja 2014: 31-127).
Consulta dos datos en Dispogal
Na aplicación de acceso libre Dispogal <www.http://gramatica.usc.es/dispogal> (usuario e contrasinal: USC, datos: proxecto Léxico dispoñible do galego), deseñada por Guillermo Rojo, poden consultarse os lemas correspondentes a cada CI, ordenados por defecto de maior a menor dispoñibilidade léxica. Así mesmo, esta aplicación permite filtrar os datos polas diferentes variables sociais e sociolingüísticas a que fixemos referencia á hora de describir a enquisa (sexo, lingua inicial, lingua habitual, tipo de poboación da residencia familiar, nivel sociocultural), así como polas variables correspondentes ao centro de ensino (centro concreto, tipo de poboación do centro de ensino [urbana, periurbana, vila, rural]), tipo de centro [público, privado], provincia e situación xeográfica do centro [costa, interior].
Por exemplo, nesta consulta obtéñense, ordenados de maior a menor dispoñibilidade, os lemas proporcionados polas mulleres que só falan galego ou que falan máis galego ca castelán para o CI "O campo" (ofrécese un fragmento dos resultados).
Imaxe 1. Lemas proporcionados polas mulleres que só falan galego ou que falan máis galego ca castelán no CI "O campo"
Ademais a aplicación Dispogal ofrece outras posibilidades, como a de obter datos cuantitativos sobre produción de palabras dos grupos sociais que se escollan ou a de establecer comparacións entre diferentes grupos ou mesmo entre diferentes proxectos almacenados na aplicación.
LEDIGAL. Variación socio-lingüística no léxico dispoñible do galego
A aplicación Dispogal, tal e como acabamos de indicar, permite filtrar a información por diferentes variables, e obter a listaxe de lemas ofrecidos polo grupo de estudantes que se seleccione. Para completar as posibilidades de busca de Dispogal, e a partir dos datos obtidos no proceso de elaboración do Léxico dispoñible do galego, deseñamos no Instituto da Lingua Galega unha segunda aplicación, que complementa o tipo de buscas que ofrece Dispogal. Esta aplicación, chamada LEDIGAL. Variación socio-lingüística no léxico dispoñible do galego, serve para correlacionar os lemas e as variantes concretas escritas polas/polos estudantes coas diferentes variables sociais e sociolingüísticas referidas máis arriba, tal e como se pode comprobar nas seguintes imaxes. Nas dúas primeiras buscamos o lema rodilla en alumnado que ten o galego como lingua inicial e en alumnado que ten o castelán como lingua inicial, respectivamente.
Imaxe 2. Resultado da busca do lema rodilla en estudantes que teñen o galego como lingua inicial (fragmento)
Imaxe 3. Resultado da busca do lema rodilla en estudantes que teñen o castelán como lingua inicial (fragmento)
Nas seguintes imaxes, contrastamos a presenza da variante cóbado ou cóbados en alumnado de zona rural que fala exclusivamente galego coa presenza da variante codo(s) nese mesmo grupo de estudantes. Para máis detalles sobre o funcionamento da aplicación, vid. a Axuda.
Imaxe 4. Busca da variante cóbado(s) no CI "O corpo humano" en estudantes de zona rural que só falan galego (fragmento)
Imaxe 5. Busca da variante codo(s) no CI "O corpo humano" en estudantes de zona rural que só falan galego (fragmento)
Os lemas e variantes recollidos no Léxico dispoñible do galego dentro de cada CI poden consultarse no documento descargable no seguinte enlace: Lemas e variantes do LDG. O documento coincide case na súa totalidade co Apéndice 1 que publicamos en 2014 como anexo da obra citada. Con todo, no proceso de preparación de LEDIGAL identificamos algúns erros na lematización ou na transcrición, que foron corrixidos no novo documento. O libro contén outros tres apéndices, que poden encontrarse online: