FINALIDADE, TITULARIDADE E ACCESO
A finalidade do recurso Patrimonio Léxico da Gallaecia (PLG) é documentar e mostrarlles ao público en xeral e á comunidade académica, nun único sitio web, a variación no léxico patrimonial actual dentro do territorio orixinario das linguas galega e portuguesa. O PLG contén unha base de datos de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela desenvolvida no Instituto da Lingua Galega, protexida polos dereitos de propiedade intelectual (artigo 12 da Lei de Propiedade Intelectual).
A persoa usuaria deste sitio web poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao contido da base de datos e a súa normal utilización. Non obstante, non poderá efectuar os seguintes actos:
- Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos. A estes efectos queda prohibido calquera tipo de descarga masiva ou automatizada de contidos.
- Os que prexudiquen a/o titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na devandita base.
Non se precisará a autorización do titular:
- Cando se realice unha reprodución con fins privados.
- Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte. A persoa usuaria debe citar sempre o PLG como fonte dos materiais consultados e da información obtida, incluíndo a URL http://ilg.usc.gal/plg/. Véxase o apartado “Como citarnos”.
- Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e se obriga a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos do PLG.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, o equipo responsable do PLG resérvase o dereito a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a este sitio web como o uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva da persoa usuaria.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidese producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a este sitio web.
Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento do sitio web que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidese conter o sitio web.