Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
Novidades
-
18/11/25
!
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
-
03/11/25
!
Presentación do libro 'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística'
O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume.
-
30/10/25
!
Xulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega
O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (UIB), Ana Isabel Boullón Agrelo (USC), Inés Fernández Ordóñez (UAM), Henrique Monteagudo (USC) e Fernando Ramallo (UVigo).





