Saltar ao contido

Convocatoria (pechada)

O comité organizador do XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas convida a todas as persoas interesadas a enviar as súas propostas de comunicación oral.

Cada investigador/a poderá enviar unha única proposta individual, se ben si poderá figurar en coautoría noutras propostas. Todas as persoas comunicantes terán que abonar a cota, incluídas aquelas que figuren como coautoras de propostas. Se un autor/a aparece en dúas comunicacións distintas, só terá que abonar a cota unha vez. A cota para as persoas comunicantes é de 50€ (dos que 5€ se destinarán á cota de membro da AJL). As persoas que envíen comunicación non deberán ter o título de doutor/a na data de envío de proposta.

As comunicacións terán unha duración total de 30 minutos: 20 minutos dedicados á exposición oral e 10 minutos reservados para a rolda de preguntas e comentarios.

PROCEDEMENTO E INDICACIÓNS para o envío de propostas:

O envío das propostas realizarase a través do seguinte formulario

A proposta debe incluír:

        i. o título da comunicación

        ii. palabras chave (un máximo de 5)

        iii. o texto da proposta (extensión máxima de 300 palabras)

        iv. as referencias bibliográficas (formato APA última edición)

Para garantir o anonimato, no caso de que algunha das referencias bibliográficas reflicta a autoría do propio resumo, estas deberán ser substituídas por “AUTORX”.

O resumo pode ser enviado en calquera lingua da península ibérica e serán aceptadas tamén propostas en inglés.

As liñas temáticas aceptadas nesta edición son:

  • Didáctica de linguas 
  • Ecolingüística
  • Estudos de xénero
  • Fonética e fonoloxía
  • Linguas de signos
  • Lingüística de corpus
  • Lingüística diacrónica
  • Morfoloxía
  • Multilingüismo e contacto lingüístico
  • Pragmática e discurso
  • Psicolingüística
  • Semántica e léxico
  • Sintaxe
  • Sociolingüística
  • Tecnoloxías lingüísticas
  • Tipoloxía lingüística
  • Tradución e interpretación
  • Variación e cambio lingüístico

A aceptación ou o rexeitamento das propostas será comunicado a partir do 3 de xuño de 2024.