A publicación derivada do congreso xa saíu do prelo!
Fernández Avilés, Jorge & Candela Sierra Rodríguez (eds.) (2026). Perspectivas emerxentes nos estudos da lingüística. Universidade de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/9788410142848
Convocatoria
O Comité organizador do XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Novas Lingüistas convida ás participantes a enviar as súas contribucións para formar parte da publicación derivada do evento.
As propostas recibidas pasarán por un proceso de revisión previo á publicación.
Con aquelas que superen o dito proceso publicarase un volume da colección Cursos e Congresos de USC Editora, o selo editorial da USC.
Prazos
Data de entrega: ata o 14 de marzo de 2025 ás 23.59h (hora peninsular)
‼ Prazo prorrogado ata o 31 de marzo de 2025 ás 23.59h (hora peninsular)
Indicacións para a entrega de orixinais
Tras comprobar que se cumpren as normas, enviarase o documento en formato .doc ou .docx titulado “APELIDO_NOME.docx”. As imaxes, se corresponde, enviaranse en anexo en formato .jpg individuais ou nun arquivo comprimido .zip.
Tanto os arquivos como as dúbidas que poidan xurdir arredor da publicación deberán ser enviadas ao correo electrónico: ajl.santiago@usc.gal.
Normas de publicación (botón de descarga abaixo)