Saltar ao contido

Información de interese

Na páxina web de Turismo de Santiago de Compostela encontraredes unha guía completa para planificardes a vosa visita. Ofrece información sobre aloxamentos, recomendacións de actividades turísticas, culturais e gastronómicas, así como detalles sobre turismo responsable e sostibilidade.

Na páxina web de MeteoGalicia podedes consultar a predición do tempo meteorolóxico para Santiago de Compostela durante os días do congreso.

Aloxamento

Santiago de Compostela, como destino popular tanto para peregrinos como para turistas, ofrece unha ampla variedade de aloxamentos que van de albergues e pensións até hoteis de luxo. Porén, é recomendable reservar de forma anticipada. Aquí vos deixamos algunhas das opcións que podedes considerar:

Para evitarmos contribuír á xentrificación da cidade e en prol dun turismo máis sostible, pregamos que evitedes reservar aloxamento a través de plataformas de apartamentos turísticos.

Que ver en Santiago de Compostela

A cidade de Santiago de Compostela é o escenario perfecto para continuardes a experiencia do congreso fóra das paredes da Facultade de Filoloxía. Patrimonio da Humanidade desde 1985, este núcleo da peregrinación do cristianismo é un tesouro artístico, arquitectónico e histórico de valor incalculable. A tan só trinta minutos a pé entre os seus puntos máis afastados, as súas rúas estreitas, a súa pedra característica e os seus edificios convidan a perderse e transportarse a outros tempos, para sempre espertar diante dunha catedral que non deixa a ninguén indiferente. A cidade mantén intacta a súa esencia mentres mestura tradición e modernidade a través das súas propostas gastronómicas, a súa restauración e, especialmente, a súa rica e variada oferta cultural.

O patrimonio da cidade é tamén inmaterial, pois non podería entenderse sen a consideración e valoración da lingua galega: tesouro lingüístico e trazo distintivo e caracterizador dunha identidade cultural propia.

Deixámosvos algunhas recomendacións para aproveitardes e desfrutardes ao máximo a vosa visita:

Alternativas para xantar preto da facultade

Disporedes de bonos xantar para utilizar durante o congreso no comedor universitario da Residencia Burgo das Nacións (en fronte á Facultade de Filoloxía). Con todo, deixámosvos algunhas recomendacións de restaurantes próximos á Facultade: