Entre 1 de xullo e 13 de setembro de 2024 20 de setembro de 2024 estará aberta a inscrición para asistentes sen comunicación ao XXXVIII Congreso Internacional da Asociación de Jóvenes Lingüistas. As persoas interesadas deberán inscribirse a través do seguinte formulario. A cota de inscrición é de 30€ (25€ de taxa do congreso + 5€ destinados ao pagamento da cota de socias da AJL). O pagamento deberá realizarse por transferencia bancaria cos seguintes datos:
- IBAN: ES71 0073 0100 5205 0586 9896
- Beneficiario: Asociación de Jóvenes Lingüistas
- Asunto: AJL ASIST + Nome + Apelido
É importante lembrar que a inscrición só estará formalizada unha vez enviado o xustificante de pagamento por correo electrónico a ajl.santiago@usc.gal.
Axudas para participación (pechada)
Lembrámosvos que a AJL ofrece axudas económicas tanto de tipo completo, incluíndo a inscrición, o transporte e aloxamento, como de tipo parcial, só para a inscrición. Toda a información e o formulario en cuestión están dispoñibles na páxina web oficial da AJL.