- Os recursos do ALGa dixital están dispoñibles para seren usados con fins docentes ou de investigación. O resto de dereitos están reservados á Fundación Barrié e á Universidade de Santiago de Compostela e de xeito particular os dereitos de reprodución parcial ou total e de uso ou transformación comercial dos datos.
- Recoméndase que os usuarios que utilicen os materiais do ALGa dixital para fins de docencia e investigación citen os materiais, mapas e datos, indicando o nome do mapa e a data de descarga.
- Nas publicacións e traballos derivados do emprego do ALGa dixital debe constar a cita do proxecto do seguinte xeito:
Sousa, Xulio (dir.). 2025-. Atlas Lingüístico Galego dixital. Santiago de Compostela: Fundación Barrié/Instituto da Lingua Galega. www.ilg.gal/ALGa_dixital [data de consulta].