Skip to content

O ALGa dixital ofrece información sobre a variación dialectal no dominio lingüístico galego tomada da base de datos do proxecto Atlas Lingüístico Galego (ALGa), desenvolto por investigadores do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela co mecenado da Fundación Barrié. Os datos que se ofrecen teñen a súa base nun traballo de documentación lingüística realizado a mediados da década dos anos setenta do século pasado con falantes de galego adultos en 167 localidades do dominio lingüístico galego. A información que se ofrece está adaptada para que poida ser de utilidade tanto para usuarios especialistas como para non especialistas.

Na versión de lanzamento ofrécense 895 mapas seleccionados entre os volumes publicados e inéditos do ALGa, nunha colección en constante crecemento. Os mapas están agrupados en tres categorías (fonética, morfosintaxe e léxico) e en varias subcategorías para facilitar a consulta.

O usuario do ALGa dixital pode consultar os materiais utilizando a busca simple (a que se ofrece por defecto) ou a busca avanzada. Na busca simple os mapas consúltanse a partir da selección da categoría; na busca avanzada o usuario pode procurar a información de interese realizando buscas polo título do mapa, pola lenda (a forma de resposta que determina o símbolo) ou sobre as transcricións fonéticas das respostas, utilizando o teclado fonético.

Na maioría dos mapas para cada localidade ofrécese a resposta ou respostas recadadas en ortografía convencional e en transcrición fonética (empregando os símbolos do Alfabeto Fonético Interncional), e as observacións recollidas polos investigadores. Por riba da lista de variantes de cada mapa, nun recadro azul, dáse información sobre a característica investigada (concepto, variable fónica, variable sintáctica, etc.).

As variantes móstranse con símbolos sobre un mapa temático. Clicando sobre os símbolos obtense información sobre a localidade (nome, concello e provincia) e sobre todas as respostas rexistradas nese lugar para a pregunta correpondente. Se nun mesmo lugar se recolleron varias respostas a liña dos bordos dos símbolos no mapa aparecen como descontinuas. O usuario pode ocultar, facer visibles e modificar os símbolos do mapa. Para cada unha das variantes indícase en cantas localidades se rexistrou.

Os datos dos mapas poden descargarse completos con formato de táboa (arquivo de valores separados por comas) e poden ser editados e manipulados con programas de tratamento de datos e sistemas de información xeográfica (no arquivo inclúense as coordenadas xeográficas en graos decimais –WGS84– para cada rexistro).

Os índices dos volumes publicados poden consultarse nesta páxina.

Alfabeto fonético empregado nas transcricións

Consoantes

pconsoante oclusiva bilabial non voceada
bconsoante oclusiva bilabial voceada
tconsoante oclusiva dental non voceada
dconsoante oclusiva dental voceada
kconsoante oclusiva velar non voceada
ɡconsoante oclusiva velar voceada
ɡhconsoante fricativa velar voceada con lixeira aspiración
t͡ʃconsoante africada postalveolar
fconsoante fricativa labiodental non voceada
θconsoante fricativa interdental non voceada
s̺consoante fricativa apicoalveolar non voceada
sconsoante fricativa alveolar non voceada
ʂconsoante fricativa ápico-postalveolar non voceada
zconsoante fricativa alveolar voceada
ʃconsoante fricativa lámino-postalveolar non voceada
ʒconsoante fricativa lámino-postalveolar voceada
xconsoante fricativa velar non voceada
ħconsoante fricativa farínxea non voceada
mconsoante nasal bilabial
nconsoante nasal alveolar
ɲconsoante nasal palatal
ŋconsoante nasal velar
rconsoante rótica vibrante
ɾconsoante rótica batida
laproximante lateral alveolar
ʎaproximante lateral palatal
ɟconsoante oclusiva palatal voceada
β̞aproximante espirante bilabial
ð̞aproximante espirante dental
ɣ̞aproximante espirante velar
japroximante semivogal palatal
ȷ̃aproximante semivogal palatal nasalizada
waproximante semivogal labiovelar

Vogais

ivogal anterior alta (pechada)
evogal anterior media-alta (media-pechada)
ɛvogal anterior media-baixa (media-aberta)
ævogal anterior baixa
avogal central baixa
ɔvogal posterior media-baixa (media-aberta) arredondada
ovogal posterior media-alta (media-pechada) arredondada
uvogal posterior alta (pechada) arredondada
ı̃vogal anterior alta (pechada) nasalizada

Diacríticos

ˈacento primario (na sílaba seguinte)
◌̝articulación máis alta (pechada)
◌̃(vogal) nasalizada
◌̺(consoante) apical
◌̪(consoante) dental
ːarticulación alongada

Equipo de traballo

Xulio Sousa (ILG-USC)

Manuel González González (ILG-USC), Jose Antonio Cutrín Garabal (ILG-USC), Pedro García Louzao (ILG-USC), Diego Rodríguez González (Fundación Barrié) & IdeiT

Pedro García Louzao (ILG-USC) & Reyes Rodríguez Rodríguez (ILG-USC)

Reyes Rodríguez Rodríguez (ILG-USC), Lucía Doval Iglesias (ILG-USC) e as estudantes en prácticas no ILG-USC Rebeca Rivas Gómez, Noa Sobrino Lamas & Fiana Leilía Lamas Rodríguez

Rosario Álvarez Blanco, Manuel González González, Francisco Fernández Rei, Francisco Dubert García & Xulio Sousa

Co mecenado da Fundación Barrié.

Xulio Sousa (dir.). 2026. Atlas Lingüístico Galego dixital. Santiago de Compostela: Fundación Barrié/ILG-USC.