Non hai resultados, faga unha busca.
Este menú permite seleccionar as categorías e subcategorías baixo as que se agrupan os mapas na aplicación. Os mapas correspondentes á categoría escollida aparecen na caixa Mapa.
Este menú mostra os títulos dos mapas que corresponden á categoría e subcategoría escollidas.
Accédese ó mapa clicando no título.
Este menú permite seleccionar o tipo de busca que se desexa realizar. Por defecto ó entrar na aplicación móstrase a Busca simple.
Nesta columna móstranse as respostas (variantes) recollidas no ALGa para a pregunta seleccionada, o símbolo atribuído no mapa e o número de veces que se rexistrou cada variante.
Os símbolos do mapa poden ocultarse ou seleccionarse segundo o interese do usuario.
Os símbolos con bordo descontinuo indican que se obtiveron varias respostas na localidade.
Os símbolos do mapa correspóndense coa lenda da dereita.
Clicando no símbolo pode accederse á información concreta recollida na localidade: código do ALGa, nome da localidade, concello, provincia e respostas rexistradas, coa transcrición fonética correspondente.
Este menú permite escoller o campo da base sobre a que se realizará a busca: Título (títulos dos mapas), Lenda (variantes dos mapas) e Fonética (transcricións fonéticas das respostas).
Nesta caixa debe escribirse a palabra ou secuencia de caracteres que desexan buscarse. Poden empregarse os comodíns * (calquera número de caracteres) e ? (un carácter).
As buscas fonéticas deben facerse empregando o teclado fonético.
Este teclado actívase para as buscas fonéticas e permite escribir símbolos fonéticos na caixa de texto. O símbolo que marca a tonicidade <ˈ> debe escribirse antes da sílaba tónica, como en [ˈmojto]. O resto dos diacríticos deben escribirse despois do símbolo ó que se queren engadir.