logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- believe, believer, Belize, bell, belligerence, belligerent, bellow, bell-tower, belly, belong, belongings, beloved, below, belt, bemoan, bench, benchmark, bend, beneath


belong


- intransitive verb
- pertencer

EN Conditions would some way adjust themselves, she felt; but whatever came, she had resolved never again to belong to another than herself.
GL As condicións iríanse axustando por si mesmas; pero, fose o que fose, decidira non volver pertencer xamais a ninguén máis que a si mesma.
- Fonte: ESP (2254)
- ser de

EN He was under the sentimental illusion that Lime's life -- twenty years of it anyway -- belonged to him.
GL El mantiña a ilusión sentimental de que a vida de Lime, polo menos vinte anos dela, era súa.
- Fonte: TER (161)
- ser propiedade de

EN As to the books and furniture of the school-house, they belonged to the community, excepting Cotton Mather's History of Witchcraft, a New England Almanac, and a book of dreams and fortune-telling; in which last was a sheet of foolscap much scribbled and blotted in several fruitless attempts to make a copy of verses in honor of the heiress of Van Tassel.
GL En canto ós libros e mobles que había na escola, eran todos propiedade da comunidade, excepto a Historia da bruxería de Nova Inglaterra de Cotton Mather, un almanaque de Nova Inglaterra e un libro de soños e adiviñación, no que ó final había un papel cheo de garabatos e borróns, que constituíran un infructuoso intento de dedicarlle uns versos á herdeira de Van Tassel.
- Fonte: LEN (320)
- formar parte de

EN The camera lets me do that --lets me say I have words, dreams and thoughts to express, that I really belong to the world.
GL A cámara permíteme facelo, dicir que teño unha palabra, unha fantasía, un pensamento, que realmente formo parte do mundo.
- Fonte: C03 (594)
- ser membro de

EN One of them was Pete Valenzuela, an unaggressive 15-year-old who didn't belong to a gang.
GL Entre elas, Pete Valenzuela, un rapaz de 15 anos que non era membro de ningunha banda.
- Fonte: C11 (823)
- ser socio de

EN If you belong to a book club, such as France Loisirs in France, the Círculo de Lectores in Spain or Bertelsmann Buchclub in Germany (all of which, incidentally, are owned by Bertelsmann), you can get quite cheap hardback books to give as gifts.
GL Se vostede é socio dalgún club de lectura, tipo France Loisirs en Francia, Club de lectores en España ou Bertelsmann Buchclub en Alemaña (que, por certo, son os tres propiedade de Bertelsmann), poderá regalar edicións de tapa dura a prezos razoables.
- Fonte: C27 (977)