logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- belong, belongings, beloved, below, belt, bemoan, bench, benchmark, bend, beneath, Benedictine, benediction, benefactor, beneficent, beneficiary, benefit, benevolence, benevolent, benevolently


beneath


- preposition or adverb
- baixo

EN Beneath the soft saffron of the evening sky the whole country is peaceful and idyllic.
GL Baixo da suave cor azafrán do ceo do serán todo o país aparece en paz e idílico.
- Fonte: GAL (572)
- embaixo

EN He reached the edge of the lawn and looked out on the bay beneath.
GL Chegou ata o lindeiro do prado e mirou para a badía que se estendía embaixo.
- Fonte: CAR (542)
- detrás

EN Beneath its pink-lined shelter were his wife, Mrs. Pontellier, and young Robert Lebrun.
GL Detrás do refuxio forrado de rosa ían a súa dona, a señora Pontellier, e o mozo Robert Lebrun.
- Fonte: ESP (39)
- ante

EN Your mere puny stripling, that winced at the least flourish of the rod, was passed by with indulgence; but the claims of justice were satisfied by inflicting a double portion on some little, tough, wrong-headed, broad-skirted Dutch urchin, who sulked and swelled and grew dogged and sullen beneath the birch.
GL Indultaba os rapaces máis febles, que, co máis mínimo movemento da súa vara, xa poñían un xesto de dor; pero as protestas de xustiza satisfacíaas dándolle unha dobre ración a algún rudo galopín holandés, firme e de faldra ancha, que se poñía de mal humor e se enchía e obstinaba ante a vara.
- Fonte: LEN (39)
- so

EN So saying, he spread it on the terrace beneath an ottoman that had been brought forth for the princess; then seating himself at her feet-
GL l dicindo deste xeito, estendeuno na solaina so unha otomana que trouxeron para a princesa, sentando logo el mesmo ós pés da rapariga.
- Fonte: ALH (784)
- por baixo

EN Beneath the dark canopy of leaves and smoke the fire laid hold on the forest and began to gnaw.
GL Por baixo do dosel escuro de follas e fume, o lume camiñou a rastro pola selva e comezou a devorala.
- Fonte: SEN (1168)
- debaixo

EN All occurred as I wished: as the gaslight began to pale in the library and the shape of the windows was seen dimly behind the curtains, a long cock-a-doodle-doo came from beneath the old gentleman's cloak, followed by a few bars of an aria from --Tannhauser--, ending with a loud click.
GL Todo ocorreu como eu desexaba. Cando na biblioteca comezou a palidece-la luz de gas e a recoñecerse vagamente a forma das xanelas detrás das cortinas, chegou un longo qui-quiri-quí de debaixo da capa do vello, seguido por algúns compases dunha aria do Tannhauser e rematando cun sonoro clic.
- Fonte: OIL (17)