Hoxe recibimos no Instituto da Lingua Galega unha delegación do BNG integrada por Ana Pontón, voceira do partido, a deputada Mercedes Queixas Zas e o deputado Daniel Castro García, que solicitaron manter unha reunión coa dirección do centro.
News
-
O BNG visita o Instituto da Lingua Galega
12/10/24 -
Reyes Rodríguez publica un libro sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
12/04/24Acaba de saír do prelo A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego, da investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez, na colección Materiais Lingüísticos do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
-
Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño
12/02/24Clara Lago Caamaño defendeu o 2 de decembro a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.
-
Novo artigo en ELG sobre actitudes lingüísticas
11/27/24Ana María Iglesias Álvarez, da Universidade de Vigo, Pedro Álvarez Mosquera, da Universidad de Salamanca e da University of South Africa, e Alejandro Marín Gutiérrez, da Universidad del Atlántico Medio, asinan o artigo "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego" no n.º 16 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos
11/27/24O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.
-
Xulio Sousa e Ernesto González Seoane coordinan un manual de lingüística galega editado en De Gruyter
11/12/24Acaba de saír do prelo Manual of Galician Linguistics, unha obra coordinada por Xulio Sousa e Ernesto González Seoane na editorial alemá De Gruyter e concibida para servir como traballo de referencia fundamental para o estudo da lingua galega.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/08/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:
-
Aberto o prazo de inscrición para a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
11/06/24Ata o 6 de novembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
-
Obradoiro de Eva M.ª Domínguez Noya na Universidad de La Rioja
10/26/24A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya impartiu o 21 de outubro na Universidad de La Rioja un obradoiro dentro do seminario Los corpus lingüísticos: creación, aplicación y explotación.
-
Conferencia de Carme Silva na Universiteit Leiden
10/23/24A investigadora do ILG Carme Silva ofreceu o día 22 a conferencia "Políticas de retorno diaspórico desde Latinoamérica a Galicia (España): la eterna contradicción entre la sangre y la lengua" na Universiteit Leiden.