O profesor da Universidade de Alcalá de Henares Xosé Afonso Álvarez Pérez ofrecerá o luns 19 a conferencia "Arraianos: documentación da lingua, memorias e cultura da fronteira España-Portugal".
News
-
Conferencia de Xosé Afonso Álvarez Pérez no ILG
09/19/22 -
Defensa da tese de doutoramento de David Rodríguez Lorenzo
09/19/22O 19 de setembro, ás 12 h, David Rodríguez Lorenzo defenderá a tese de doutoramento Variación e cambio lingüístico en tempo real. Un estudo sobre o galego con base en materiais xeolingüísticos.
-
Membros do ILG no "III Workshop INTELE"
09/12/22O 13 e 14 de setembro ten lugar en Madrid o III Workshop INTELE, organizado pola rede estratéxica INTELE (Infraestructura de Tecnologías del Lenguaje), en que participan Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández e Xulio Sousa.
-
I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía
09/12/22O vindeiro luns 12 terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC as I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía, organizadas polo Instituto da Lingua Galega, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Euskaltzaindia e a Real Academia Galega.
-
Francisco Dubert participa nas III Jornadas "León, cuna del parlamentarismo"
09/09/22Francisco Dubert, investigador do ILG, participará o venres 9 nas III Jornadas León, cuna del parlamentarismo. Las llenguas del caminu, el caminu de las llenguas.
-
Entrevista a Francisco Fernández Rei no "Diario do Salnés"
08/31/22O investigador do ILG Francisco Fernández Rei foi entrevistado no Diario do Salnés.
-
Mostra sobre Luis Seoane en Arxentina
08/31/22O investigador do ILG Pablo García Martínez é un dos comisarios, xunto a Silvia Dolinko, da mostra Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, que pode verse en Bos Aires ata o 27 de novembro.
-
Publícase o libro "Até aquí podo contar. A lingua da Illa de Ons"
08/23/22José Manuel Dopazo, colaborador do ILG, publica o libro Até aquí podo contar. A lingua da Illa de Ons na editorial Chan da Pólvora.
-
"Estudos de Lingüística Galega" renova o selo de calidade FECYT
08/11/22Estudos de Lingüística Galega renova o selo de calidade concedido pola Fundación para la Ciencia y la Tecnología ás revistas científicas españolas.
-
Páxina web do proxecto "Toponomasticon Hispaniae"
08/04/22Xa pode consultarse a páxina web do proxecto Toponomasticon Hispaniae, que ten como obxectivo o estudo e divulgación dun corpus seleccionado de nomes de lugar de todo o territorio español e portugués.