O profesor Juan Manuel Fustes Nario, da Universidad de la República (Montevideo), ofrecerá a conferencia Ensinar o saber dos falantes. Reflexións ao redor dunha indagación no ensino do galego nas últimas catro décadas o 9 de outubro, ás 13 h, na sala de divulgación do noso centro.
News
-
Conferencia de Juan Manuel Fustes no ILG
10/09/24 -
Elisa Fernández Rei participa nunha mesa redonda sobre CLARIAH
10/07/24Elisa Fernández Rei participa o 7 de outubro, ás 11:00 h, na mesa redonda CLARIAH-ES: Impulsando las Humanidades Digitales en España, en que a directora do ILG representa o nodo galego da rede.
-
IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
10/03/24Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Montserrat Recalde na Université de Rouen
09/30/24A investigadora do ILG Montserrat Recalde ofrecerá o luns 30 de setembro a conferencia "La gheada en gallego: historia de un estigma". Recalde foi convidada polo profesor José Vicente Lozano da Faculté des Lettres et Sciences Humaines da Université de Rouen (Normandía).
-
Xornada Lingua e Matemáticas
09/24/24O vindeiro martes 24 de setembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC a Xornada Lingua e Matemáticas, en que participan as investigadoras do ILG Alba Aguete e Clara Lago.
-
Conferencia de Ramón Lorenzo
09/23/24O próximo 23 de setembro, ás 12.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía a conferencia do investigador do ILG Ramón Lorenzo Vázquez, que estará acompañado polas tamén investigadoras do noso centro Dolores Vilavedra e Ana Boullón.
-
Ampliación do prazo de inscrición do SIALNI 4
09/20/24O prazo de inscrición para asistir ao IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico, que vai ter lugar o 3 e 4 de outubro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi ampliado ata o 20 de setembro.
-
Ampliación do prazo de envío de propostas
07/15/24Amplíase ata o 15 de xullo o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro.
-
Vítor Míguez publica un libro sobre a modalidade en galego
07/15/24O investigador do ILG Vítor Míguez vén de publicar en Jonh Benjamins o libro Revisiting modality: A corpus-based study of epistemic adverbs in Galician, que presenta a primeira investigación en profundidade sobre a modalidade na lingüística galega.
-
Curso de verán. Arquivos, museos, lugares e xente: fontes para a ensinanza en humanidades
07/15/24Este curso de verán, destinado ao estudantado de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, así como ao profesorado de ensino medio, procura a posta en valor de arquivos non canónicos (pensados nun senso amplo