LUSOCONF2018

Data: 
Tuesday, October 16, 2018 - 13:00
Imaxe: 

Do 19 ao 20 de outubro tivo lugar no Instituto Politécnico de Bragança o I Encontro Internacional de Língua Portuguesa e Relações Lusófonas (LUSOCONF2018), no que as investigadoras Marta Negro Romero e Rosario Álvarez presentaron, xunto a Sónia Valente Rodrigues (CLUP), Joana Gomes (CEL-UTAD) e José Barbosa Machado (CEL-UTAD), a comunicación "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional. Uma proposta de trabalho para as aulas".

Os membros galegos e portugueses do proxecto europeo Patrimonio léxico da Gallaecia falaron sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, acción do Plan Proxecta da Xunta de Galicia posta en marcha polo ILG o ano lectivo pasado en centros de ensino galego, que este ano terá continuidade e incorporará ademais centros portugueses.