Curso de QGIS para lingüistas
Data de inicio:
Miércoles, Abril 20, 2022 - 16:00
O proxecto de investigación Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século xx e o grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega do ILG organizan o curso QGIS para lingüistas, dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.
O curso presencial, impartido polo investigador do ILG Xulio Sousa, desenvolverase os días 20, 21, 27 e 28 de abril na sala de conferencias do Instituto da Lingua Galega.
Programa
1. Manexo básico de QGIS
2. Tratamento de táboas e creación dun mapa temático: categorías
3. Tratamento de táboas e creación dun mapa temático: números
4. Creación de un mapa base. Xeorreferenciación de datos
5. Creación dun proxecto de mapa temático
6. Creación dun mapa con diagramas
7. Uso de composicións
Poster: