Recollida e validación de datos de voz en galego polo Proxecto Nós a través da plataforma Common Voice

Data de inicio: 
Viernes, Septiembre 30, 2022 - 00:15

Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas. As persoas participantes familiarizaranse coas tecnoloxías da fala en galego, as súas aplicacións e os datos necesarios para o seu desenvolvemento e participarán na recollida de datos lingüísticos en aberto a través da gravación e validación de fragmentos de voz en galego na plataforma Common Voice. Finalmente, terán que presentar un informe que reflicta a súa experiencia.

Common Voice é unha plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo que doan a súa voz e tamén contribúen xulgando como válidas ou non as doazóns feitas por outras persoas. O obxectivo deste proxecto colaborativo é crear grandes corpus de datos orais que poidan ser empregados para adestrar modelos de recoñecemento da fala en distintas linguas, entre elas o galego.

As competencias adquiridas mediante a participación nesta actividade están, ademais, certificadas pola USC como formación a través do recoñecemento dun crédito ECTS.

Sección