Simposio ILG 2010 Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias

Data de inicio: 
Martes, Noviembre 2, 2010 - 16:30

A lingüística contemporánea partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é a de monolingüismo, tanto no plano social coma no plano individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente, que evolúe segundo unha lóxica interna. Nesa perspectiva, o contacto de linguas e os fenómenos a el asociados (interinfluencias, hibridación, multilingüismo individual e social) son considerados á luz das estratexias de investigación e os paradigmas desenvolvidos pola lingüística monolingüe, que as contemplan como fenómenos anómalos.

Poster: 

Sección