Actividades

Histórico de actividades

  • 14/09/23

    Este curso inaugúrase no ILG a actividade Visita e café para poder coñecer a investigación e intereses do profesorado visitante do Instituto e poder achegarlle ideas e suxestións.

  • 20/07/23

    Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.).

  • 22/03/23

    O Instituto da Lingua Galega colabora coa organización do simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa, coordinado por Facundo Reyna-Muniain (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / Instituto da Lingua Galega, USC) e Craig Willis (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / EU Flensburg).

  • 17/03/23

    O profesor visitante no ILG Takeshi Kakihara, da Universidade Kwansei Gakuin (Xapón), ofrecerá o venres 17 de marzo, ás 12:30 h, a conferencia O ensino de galego para non galegofalantes e as motivacións para estudar galego.

  • 10/03/23

    A profesora visitante no ILG Hellen Cristina Picanço Simas, da Universidade Federal do Amazonas, ofrecerá o 10 de marzo, ás 11 h, a conferencia Planificación lingüística para as linguas indíxenas do Brasil.

Páginas