Novedades

  • 09/05/25 !

    II Xeira CLARIAH-GAL

    II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.

  • 22/04/25 !

    Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención

    Sabela Salgueiro, traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero, falará sobre ferramentas para previr a ciberviolencia sexual o 22 de abril, ás 16:30 h, na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega da USC. Tamén poderá seguirse en directo a través da nosa canle de Youtube.

  • 11/04/25 !

    O Validatón pechou a súa segunda edición con 10.000 fragmentos gravados e validados en Common Voice

    Onte pola tarde rematou no Instituto da Lingua Galega o Validatón 2025, maratón en que participou unha trintena de persoas. Grazas a elas conseguíronse 13 h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice, das que aproximadamente 6 h son de gravación, e acadáronse arredor de 10.000 fragmentos gravados e validados. Na sesión presencial creáronse case 2.000 frases que contribuirán a incrementar o número e a diversidade dos enunciados dispoñibles para a súa lectura na plataforma.