Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
Novedades
-
18/11/25
!
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
-
23/10/25
!
XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social
Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
-
15/10/25
!
Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA
A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC.