Novedades

  • Publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas a visitas de investigación

    31/03/26

    Acaba de publicarse a listaxe de persoas admitidas e excluídas que se presentaron á convocatoria de axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. As persoas aspirantes poden reparar calquera erro ou omisión ata o 31 de marzo, ás 23:59 h, quedando excluídas definitivamente de non facelo.

  • Visita do alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel

    27/03/26

    O 26 de marzo recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, que puido coñecer a través das probas da nosa xincana algúns dos proxectos desenvoltos no ILG.

  • III Faladoiro con Laura Lesta García

    25/03/26

    O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.

  • Convocatoria de dúas axudas para estadías no ILG

    24/03/26

    O ILG convoca para o ano 2026 dúas axudas para a realización de estadías no seu centro por parte de PDI visitante pertencente a calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo.

  • O Proxecto Nós impulsa en Santiago de Compostela o gran polo atlántico de Tecnoloxías da Linguaxe e IA con Portugal

    13/03/26

    A USC acolleu o II Encontro Luso-Galaico de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), liderado polo Proxecto Nós, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia e da USC a través do CiTIUS e do ILG. Tras o éxito da primeira edición, que tivo lugar no Porto en xuño de 2024, este segundo encontro consolídase como un espazo fundamental para o fortalecemento das relacións de cooperación en intelixencia artificial aplicada á lingua entre Galicia e Portugal.

     
  • Inauguración do Punto de Igualdade do ILG

    10/03/26

    O martes 10 de marzo, ás 11 h, inaugúrase o Punto de Igualdade do ILG creado pola Comisión de Xénero e Igualdade do centro. No acto intervirá Sonia Esperanza Rodríguez Boente, delegada para a Igualdade da USC, coa que se manterá a seguir unha conversa aberta.

  • Conferencia de Carsten Sinner sobre o galego e o castelán de Uruguai

    03/03/26

    O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedrático de Lingüística e Translatoloxía das Linguas Iberrománicas na Universidade de Leipzig e director do Centro de Estudos Galegos desta institución.

  • 'Visita e café' con Carlos Cernadas Carrera

    26/02/26

    O ILG acollerá o xoves 26 de febreiro, ás 11:00 h, un novo encontro de Visita e café co profesor Carlos Cernadas Carrera, da Universidade Federal do Pará (UFPA). Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.

  • O Proxecto Nós participa no programa 'Modo Galego, actívao!'

    24/02/26

    O Proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, sumouse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, que lle propón ao alumnado do Concello distintos retos diarios ou semanais ao longo de varios meses para fomentar o uso do galego.

  • Vítor Míguez, novo coordinador de CLARIAH-GAL

    16/02/26

    O Consello Científico do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou por unanimidade, nunha reunión celebrada o pasado 10 de febreiro na súa sede, propoñer o investigador Vítor Míguez como novo coordinador de CLARIAH-GAL.

Páginas