Elisa Fernández Rei publica en Dialectologia et Geolinguística

Data: 
Martes, Diciembre 20, 2016 - 20:15
Imaxe: 

A profesora e investigadora do ILG Elisa Fernández Rei publicou no último número da revista Dialectologia et Geolinguistica et Geolinguistica. Journal of the International Society for Dialectology and Geolinguistics, xunto coas investigadoras da Universidade de Aveiro Lurdes de Castro Moutinho e Rosa Lídia Coimbra, unha análise diacrónica da prosodia do galego e do portugués.

O traballo, titulado "A Contribution to the diachronic study of Galician and Portuguese prosodies", pretende contribuír a un estudo diacrónico da entoación das interrogativas absolutas en galego e portugués empregando datos sincrónicos recollidos na última década, ademais de amosar a utilidade do método cuantitativo para medir as distancias prosódicas, o que permite determinar áreas xeográficas utilizando estándares comúns e determinar o grao de separación entre as entoacións das dúas variedades.