O 30 de xaneiro, ás 11:30 h, terá lugar unha nova Visita e café con Víctor Bargiela Zotes, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
Novedades
-   
          Visita e café con Víctor Bargiela Zotes30/01/24
-   
          Investigadores do ILG na reunión de presentación de CLARIAH-ES en Donostia26/01/24Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa, membros do ILG, participaron o 25 de xaneiro en Donostia na presentación de CLARIAH-ES, cuxo obxectivo xeral é impulsar actividades de promoción das infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH e organizar a participación oficial de España nestas. 
-   
          Membros do ILG participan no programa "A Ponte" da USC15/01/24Francisco Dubert García e Xulio Sousa volven participar nunha nova edición do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial. 
-   
          Un traballo de Lois Atanes Barciela pecha o último número de ELG08/01/24Lois Xacobe Atanes Barciela, da Universidade de Helsinqui e da Universidade de Tampere (Finlandia), pecha co artigo "O discurso referido directo no contexto do cambio de código" o número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega. 
-   
          Estudos baseados no corpus CORTEGAL nun novo anexo de Verba28/12/23María Álvarez de la Granja e Vítor Míguez encárganse da edición do Anexo 84 deVerba, publicación da USC, titulado Perspectivas sobre a escrita académica en galego: estudos baseados no corpus CORTEGAL de textos escritos por estudantes. 
-   
          Terceira edición da xornada "LingüisticaMente"20/12/23O 20 de decembro terá lugar a xornada Lingüisticamente III, organizada polo grupo Procesos Gognitivos e Conduta, o Instituto da Lingua Galega e o grupo Filoloxía e Lingüística Galega da USC, na sala de conferencias do noso centro. 
-   
          Reyes Rodríguez na "I Xornada de multilingüismo" da Universidade de Vigo15/12/23A investigadora do ILG Reyes Rodríguez Rodríguez participa o venres 15 na I Xornada de multilingüismo, organizada pola Universidade de Vigo, onde falará sobre "Multilingüismo: o caso da mocidade na Limia Baixa". 
-   
          Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas28/11/23Esta vixésimo terceira edición dos simposios do ILG, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC, aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico. 
-   
          "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira20/11/23O vindeiro luns 20, ás 11 h, terá lugar unha nova "Visita e café" con Marilucia Barros de Oliveira, da Universidade Federal do Pará (Brasil). 
-   
          O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos17/11/23O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  










