Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.
Novedades
-
Destacado
Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica
29/11/25 -
Destacado
Metodoloxías de documentación lingüística para o estudo da variación
28/11/25O 28 de novembro levarase a cabo no ILG esta xornada formativa que consta de dúas sesións impartidas por Víctor Bargiela Zotes (UNED) e Luís Jesus (ESSUA, IEETA, LASI, CLLC, Universidade de Aveiro, Portugal). O prazo de inscrición finaliza o 24 de novembro.
-
Destacado
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
18/11/25Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Destacado
Presentación do libro 'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística'
03/11/25O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume.
-
Destacado
Xulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega
30/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (UIB), Ana Isabel Boullón Agrelo (USC), Inés Fernández Ordóñez (UAM), Henrique Monteagudo (USC) e Fernando Ramallo (UVigo). -
Destacado
Ernesto González Seoane, novo membro de número da RAG
20/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Ernesto González Seoane foi elixido novo membro de número da Real Academia Galega (RAG), institución da que é membro correspondente desde o ano 2004 e forma parte do seu Seminario de Gramática.
-
Destacado
Sae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas
31/07/25O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados.
-
Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía
26/11/25A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo.
-
Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS
15/11/25O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025.
-
Faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”
11/11/25





