O IES Francisco Daviña Rey crea un blog sobre o pan no ámbito do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Data: 
Martes, Junio 18, 2019 - 12:45
Imaxe: 

O IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos é un dos centros participantes no programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, desenvolvido polo ILG en colaboración co Centro de Linguística da Universidade do Porto. O alumnado recolleu ao longo do curso o léxico relacionado co pan, xunto a refráns, cantigas e diversas cuestións etnográficas arredor desta temática. Podedes consultar todo o que andaron a facer no seu blog O forno da fala. Ademais, o día 18 deste mes organizaron no centro unha degustación de pan galego e presentaron os resultados froito do seu traballo.

O programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional é unha acción do plan Proxecta, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e intégrase no proxecto GEOARPAD, enmarcado no programa operativo EP-INTERREG V A España-Portugal (POCTEP). A súa finalidade é promover a documentación e análise dun corpus de material léxico vinculado con actividades da cultura patrimonial.