O persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela interesado en vincularse ao Instituto da Lingua Galega poderá enviar a súa expresión de interese ata o 30 de maio de 2025.
Novedades
-
Destacado
Aberta a convocatoria para vincularse ao ILG
30/05/25 -
Destacado
II Xeira CLARIAH-GAL
09/05/25A II Xeira CLARIAH-GAL, que terá lugar o 9 de maio na Facultade de Filoloxía da USC, pretende ser un espazo para dar a coñecer as infraestruturas europeas CLARIN e DARIAH, así como para difundir e pór en contacto proxectos e grupos de investigación galegos que traballen no ámbito das Humanidades Dixitais e das tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais.
-
Destacado
O Validatón pechou a súa segunda edición con 10.000 fragmentos gravados e validados en Common Voice
11/04/25Onte pola tarde rematou no Instituto da Lingua Galega o Validatón 2025, maratón en que participou unha trintena de persoas. Grazas a elas conseguíronse 13 h de contribución total aos datos de voz en galego en Common Voice, das que aproximadamente 6 h son de gravación, e acadáronse arredor de 10.000 fragmentos gravados e validados. Na sesión presencial creáronse case 2.000 frases que contribuirán a incrementar o número e a diversidade dos enunciados dispoñibles para a súa lectura na plataforma.
-
Destacado
CLARIAH-GAL participa no IV Workshop de CLARIAH-ES
05/04/25O Centro de Supercomputación de Castilla y León (SCAYLE) acolleu os días 3 e 4 de abril o IV Workshop de CLARIAH-ES, en que participaron representantes de todos os nodos integrantes. Nesta ocasión, María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei representaron o nodo CLARIAH-GAL.
-
Destacado
Nova lista de difusión de CLARIAH-GAL
17/03/25CLARIAH-GAL, nodo galego de CLARIAH-ES coordinado polo Instituto da Lingua Galega e que conta coa colaboración do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, conta desde hai uns días cunha lista de difusión para informar sobre as novidades relacionadas coas infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH e coas Humanidades Dixitais en xeral.
-
Destacado
Actividade formativa de recollida e validación de datos de voz en galego
22/11/24Esta actividade formativa, ofrecida polo Proxecto Nós en colaboración coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura e dirixida ao alumnado de grao da Universidade de Santiago de Compostela, presenta un percorrido teórico e práctico de 25 horas polas tecnoloxías da fala en galego.
-
Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza
19/06/25O 19 e 20 de xuño de 2025 vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC o Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza, organizado por varios membros do Instituto da Lingua Galega. Ata o 4 de abril encóntrase aberto o prazo de inscrición.
-
Ciberviolencia sexual: ferramentas para a prevención
22/04/25Sabela Salgueiro, traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero, falará sobre ferramentas para previr a ciberviolencia sexual o 22 de abril, ás 16:30 h, na sala de divulgación do Instituto da Lingua Galega da USC. Tamén poderá seguirse en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
Validatón 2025: axúdanos a impulsar a tecnoloxía da fala en galego!
10/04/25O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice. Haberá premios en metálico para cada unha das persoas gañadoras de cada categoría e para a persoa con máis contribucións totais, ademais dalgunha sorpresa e dun pequeno agasallo para o alumnado participante.
-
Presentouse en Filoloxía o 'Manual of Galician Linguistics'
09/04/25O pasado 3 de abril tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a presentación da obra Manual of Galician Linguistics, publicada por De Gruyter. No acto interviñeron Xulio Sousa e Ernesto González Seoane, editores do volume, e Víctor Longa, profesor da Facultade de Filoloxía.