Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
Novedades
-   
  DestacadoSimposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos18/11/25
-   
  DestacadoPresentación do libro 'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística'03/11/25O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume. 
-   
  DestacadoXulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega30/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (UIB), Ana Isabel Boullón Agrelo (USC), Inés Fernández Ordóñez (UAM), Henrique Monteagudo (USC) e Fernando Ramallo (UVigo).
-   
  DestacadoErnesto González Seoane, novo membro de número da RAG20/10/25O investigador do Instituto da Lingua Galega Ernesto González Seoane foi elixido novo membro de número da Real Academia Galega (RAG), institución da que é membro correspondente desde o ano 2004 e forma parte do seu Seminario de Gramática. 
-   
  DestacadoLexicography on the Road V17/09/25O evento Lexicography on the Road V, dirixido pola investigadora do ILG María José Domínguez, continúa ao longo do mes de outubro con conferencias e obradoiros a cargo de Ángel Huete-García (Universitat Rovira i Virgili), Ana Salgado (Universidade Nova de Lisboa) e Carlos Valcárcel Riveiro (Universidade de Vigo). 
-   
  DestacadoNova versión do corpus de textos parlamentarios Parlamint con importantes melloras08/09/25Acaba de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos sentimentos nas intervencións. 
-   
  DestacadoSae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas31/07/25O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados. 
-   
  DestacadoA diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital22/07/25O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice. 
-   
          Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía26/11/25A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo. 
-   
          Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS15/11/25O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025. 
 
                  




