Novedades
-
Conmemoran en Filoloxía o 30º aniversario das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego
12/12/12En 2012 cúmprense trinta anos da publicación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG) elaboradas por unha comisión mixta do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) e a Real Academia Galega. -
Simposio ILG 2012 - Un galego común, fiel a si mesmo
11/12/12O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela organiza desde o ano 2001 simposios dedicados a temas específicos de interese para a nosa comunidade científica.
-
A investigadora Charlotte Galves ofrece este martes na USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe
30/10/12A investigadora Charlotte Galves, de orixe francés pero afincada dende hai anos no Brasil, ofrecerá na tarde deste martes no Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC un seminario sobre o Corpus Histórico do Portugués Tycho Brahe. -
Simposio ILG 2011. Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística
26/11/11O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando desde o ano 2001 simposios dedicados a temas específicos de interese para a nosa comunidade científica.
-
O Instituto da Lingua Galega da USC recibirá preto de 300.000 euros da Xunta para continuar coa súa actividade científica
06/10/11O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, e o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, asinaron este mércores un convenio de colaboración que permitirá ao Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC continuar avanzando no desenvolvemento da súa actividade científica. Para tal fin a Consellaría achega 269.645 euros a repartir en dúas anualidades. -
Discurso da directora
25/07/11Discurso da directora (Medalla de Ouro de Galicia 2011)
-
O ILG e Ángel Carracedo reclaman máis atención para o galego e a investigación ao recoller as Medallas de Ouro de Galicia
23/07/11O acto de entrega das Medallas de Ouro 2011 tivo un sesgo máis reivindicativo que outros anos. A directora do Instituto da Lingua Galega da USC, Rosario Álvarez, e o catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo, esixiron nos seus discursos máis atención e interese por parte dos gobernos competentes cara ao galego e a inversión en investigación.
-
O Instituto da Lingua Galega da USC e o catedrático Ángel Carracedo, Medallas de Ouro de Galicia 2011
14/07/11O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC que este curso cumpre corenta anos e o catedrático de Medicina Legal Ángel Carracedo, director do Instituto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ da USC, acaban de ser recoñecidos coas Medallas de Ouro de Galicia 2011, a máxima distinción que concede o Goberno galego e que se entregarán o vindeiro 25 de xullo.
-
O profesor Ramón Lorenzo recibiu o premio Trasalba 2011 outorgado pola fundación Otero Pedrayo
27/06/11O catedrático da USC e investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) recibiu este domingo o Premio Trasalba 2011 nun acto celebrado no Pazo de Trasalba. A encargada da laudatio do premiado foi a profesora e directora do ILG Rosario Álvarez Blanco. -
Investigadores brasileiros, portugueses e galegos reúnense no ILG arredor do proxecto ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’
10/06/11Os investigadores brasileiros, portugueses e galegos participantes no proxecto de investigación ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’ reuniranse no Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) os vindeiros luns 13 e martes 14.