Conferencia de Oumar Seydi sobre o pulaar no ILG

Data inicio: 
xoves, Abril 16, 2026 - 12:00
Lugar: 
Sala de divulgación
Poster: 
Descrición: 

Oumar Seydi, da Université Assane Seck de Ziguinchor (Senegal), ofrecerá a conferencia "Desafíos de modernización y de enseñanza y aprendizaje del pulaar en Senegal" este xoves 16 de abril, ás 12 horas, na sala de divulgación do noso centro.

O día posterior ás independencias políticas de Senegal, o pulaar era unha das linguas africanas máis faladas e estudadas, cun sistema de escrita desenvolto e un importante corpus de literatura científica (tanto en alfabeto árabe coma latino). Porén, os intelectuais fulbe non souberon aproveitar esta vantaxe para promover a súa lingua cando, na década dos 80, se produciu un cambio de paradigma sociolingüístico co auxe dos movementos nacionalistas que defendían o ensino e a difusión das linguas nacionais en Senegal e no conxunto da África subsahariana.

Seydi tratará de darlle resposta a unha serie de cuestións derivadas deste feito como son a perda de falantes de pulaar, o escaso peso no sistema educativo actual desta lingua cun pasado glorioso, o papel xogado polas tradicións pastorís e as prácticas culturais, que semellan anacrónicas nun contexto no que a globalización e a modernización impulsan un mundo dinámico e en constante transformación ou se estamos perante unha situación de natureza política, económica, sociocultural ou puramente lingüística. A análise do investigador centrarase nos retos da modernización, así como no ensino e na aprendizaxe do pulaar en Senegal.