Metodoloxías de documentación lingüística para o estudo da variación
Data de inicio:
venres, Novembro 28, 2025 - 09:30
Data de fin:
venres, Novembro 28, 2025 - 14:00
Esta xornada de formación está dirixida a persoas interesadas na investigación lingüística, especialmente no ámbito da documentación de linguas e variedades dialectais. A actividade ofrece unha introdución práctica e teórica ao traballo de campo, á recollida e tratamento de datos lingüísticos, e ás cuestións éticas que rodean este tipo de investigación.
Na primeira sesión o investigador Víctor Bargiela, da UNED, abordará os fundamentos do traballo de campo lingüístico, desde o deseño da investigación ata a gravación e rexistro de datos. Os participantes aprenderán a seleccionar informantes, deseñar entrevistas e utilizar técnicas de documentación eficaces.
O profesor Luís Jesus, da Universidade de Aveiro, centrarase na segunda sesión na transcrición e anotación dos datos recollidos, así como nas implicacións éticas e legais do traballo de documentación. Presentaranse ferramentas dixitais especializadas e recomendacións para a organización e preservación dos corpora lingüísticos.
Poster:






