Destinatarios
Profesores e alumnos universitarios, profesores de ensino primario e secundario, de escolas oficiais de idiomas e de formación profesional das áreas da lingüística, historia, xeografía, antropoloxía e etnografía.
Os inscritos no Simposio terán dereito a unha certificación sempre que acudan polo menos ao 75% das sesións.
Valoración en horas de formación
Solicitado á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o recoñecemento desta actividade como formación permanente do profesorado con 18 horas lectivas. [http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130522/AnuncioG0164-160513-0001_gl.html]
Para ter dereito á certificación, o profesorado non universitario debe asistir ao 85% das sesións.
Número de prazas
150. A selección farase por orde de inscrición.
Inscrición
Taxa de inscrición xeral: 30€
Tarifa reducida: 15€ (estudantes, desempregados e pensionistas)
Prazo de matriculación: ata o 12 de novembro
Número de conta para efectuar o ingreso: 0049 2584 90 2214002210 (concepto: Simposio-Xornadas ILG 2014) - Banco Santander
Formalización da inscrición:
- De modo presencial no Instituto da Lingua Galega (preguntar por Lucía Doval)
- Por correo electrónico: enviar xustificante e formulario de inscrición (ilg.simposio2014@gmail.com)
- Por correo postal. A inscrición debe remitirse á atención de Lucía Doval ao Instituto da Lingua Galega, Praza da Universidade 4, 15782 – Santiago de Compostela.
En calquera dos tres casos é preciso achegar o formulario de inscrición, que pode descargarse na páxina do ILG, e o xustificante de pagamento. Ademais, no caso de tarifa reducida deberase achegar algún xustificante da situación (matrícula de estudos, cartón de parado, etc.).