Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.
Novidades
-
29/11/25
!
Biografías lingüísticas e transmisión do galego: unha mirada crítica
-
28/11/25
!
Metodoloxías de documentación lingüística para o estudo da variación
O 28 de novembro levarase a cabo no ILG esta xornada formativa que consta de dúas sesións impartidas por Víctor Bargiela Zotes (UNED) e Luís Jesus (ESSUA, IEETA, LASI, CLLC, Universidade de Aveiro, Portugal). O prazo de inscrición finaliza o 24 de novembro.
-
18/11/25
!
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.





