Novidades

  • 29/05/26 !

    III Xeira CLARIAH-GAL

    29 de maio terá lugar a III Xeira CLARIAH-GAL, iniciativa promovida por CLARIAH-GAL que busca favorecer o intercambio de coñecemento e a creación de redes entre investigadoras e investigadores que traballan nos ámbitos das Humanidades Dixitais e as tecnoloxías lingüísticas aplicadas á investigación en Humanidades e Ciencias Sociais. Nestes momentos encóntrase aberto o prazo para o envío de propostas de póster ata o 17 de abril de 2026.

  • 24/04/26 !

    Resolución provisional da asignación de axudas para estadías no ILG

    Acaba de facerse a pública a resolución provisional de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no ILG. A comisión de selección avaliou as solicitudes de 14 investigadores e investigadoras de universidades de Alemaña, Australia, Brasil, Cuba, China, India e Portugal.

  • 27/03/26 !

    Visita do alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel

    O 26 de marzo recibimos a visita de alumnado de primaria e de secundaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel, que puido coñecer a través das probas da nosa xincana algúns dos proxectos desenvoltos no ILG.