CODILI3

Data: 
luns, Xuño 23, 2014 - 23:45

Entre o 23 e o 25 de xuño terá lugar o III Coloquio Internacional sobre Corpus Diacrónicos en Lenguas Iberorrománicas (CODILI3) na Universität Zürich.

Neste encontro participarán os investigadores Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane, que impartirán unha conferencia sobre o proxecto Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna.

Ademais, este coloquio tamén contará coa presenza do investigador Eduardo Moscoso Mato, que participará nunha mesa redonda para comentar o estado actual do corpus histórico TMILG.