O profesor Dennis Preston visita o ILG
O profesor Dennis Preston da Oklahoma State University visitou o pasado xoves, 14 de xullo, o Instituto da Lingua Galega para coñecer algúns dos proxectos que se desenvolven no centro no ámbito da dialectoloxía perceptiva. Dennis Preston impartiu na USC un seminario sobre Language Regard convidado polo grupo de investigación Gramática do español (http://gramatica.usc.es/). O profesor Preston é un dos principais teóricos sobre o estudo das actitudes lingüísticas e a percepción da variación.
Páxina do prof. Dennis Preston
Sobre a dialectoloxía perceptiva
Proxectos relacionados no ILG:
Estudo perceptivo da variación prosódica dialectal do galego
Plataforma de documentación e análise de datos dialectais perceptivos