6th Lusophone and Hispanic Linguistics Symposium

Data: 
luns, Outubro 2, 2017 - 20:30

Do 29 ao 30 de setembro de 2017 celebrouse na University of Wisconsin-Milwaukee o 6th Lusophone and Hispanic Linguistics Symposium (LHLS6), organizado polos departamentos de español e portugués da University of Wisconsin-Milwaukee e da University of Wisconsin-Madison. 

Neste simposio, que incluíu presentacións sobre diferentes campos da lingüística descriptiva, aplicada, social e teórica desde unha perspectiva sincrónica ou diacrónica, participou o investigador do ILG Xosé Luís Regueira, que foi convidado a pronunciar unha das conferencias plenarias, titulada: "Ultrapasando fronteiras: continuidades fonéticas entre o galego e o portugués europeo".