Nova versión do TILG

Data: 
xoves, Xullo 19, 2018 - 14:30
Imaxe: 

O ILG pon á disposición do público unha nova edición do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Trátase da versión 4.0, que inclúe importantes novidades que atinxen tanto ás modalidades de busca coma á posibilidade de aplicar diferentes filtros (tipo de obra, sexo, data etc.) aos resultados. Esta nova versión do TILG compila máis de 2500 documentos producidos entre 1612 e 2013 e contén arredor de 25 millóns de formas gráficas, lematizadas e anotadas con etiquetas morfosintácticas.