Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”
O xoves 29 de novembro no Consello da Cultura Galega tivo lugar a Xornada “Para que serven os datos lingüísticos?”, organizada polo Consello da Cultura Galega e a Rede Tecnoloxías e Análise dos Datos Lingüísticos (TecAnDaLi).
-
Incorporación do coñecemento lingüístico de Galnet á predición meteorolóxica en linguaxe natural xerada por Galiweather. Alberto J. Bugarín Diz e Xavier Gómez Guinovart. GSI e TALG
-
Unha ferramenta para o recoñecemento automático de topónimos en documentos medievais. Pablo Gamallo Otero. COGRADE e FILGA
-
Presentación de sistemas de recoñecemento automático para galego e para lingua de signos española. Carmen García Mateo. FILGA, GRADES e GTM
-
De palabras a números: a análise cuantitativa de datos lingüísticos. María José Ginzo e Xulio Sousa. FILGA e MODESTYA
Na segunda parte desta xornada tivo lugar unha mesa de debate na que se analizou como usar os datos lingüísticos.