Seminario Reflexividade sociolingüística: concepcións e cambios socioculturais

Impartido por Héctor Muñoz Cruz
Data de inicio: 
mércores, Xaneiro 30, 2019 - 10:00

Héctor Muñoz Cruz, doutor en Lingüística polo Colegio de México, é profesor da Área de Lingüística da Universidad Autónoma Metropolitana (Unidad Iztapalapa) de México, onde dirixe a revista Signos lingüísticos. É autor de numerosas e relevantes publicacións sobre sociolingüística e interculturalidade, con especial atención ao ámbito da educación e ás linguas faladas en México. No Seminario que ofrece analizará a importancia, a natureza e a estrutura lóxico-discursiva de razoamentos, actitudes e algunhas outras formas de cognición social sobre a diversidade lingüística e a comunicación intercultural expresadas en actividades reflexivas de falantes e de institucións que deseñan e administran políticas da linguaxe.

Poster: 

Sección