Defensa da tese de doutoramento de Noemi Basanta LLanes
Data:
xoves, Xaneiro 10, 2019 - 17:00
Imaxe:
O xoves 10 de xaneiro, ás 17.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, tivo lugar o acto de defensa da tese de doutoramento de Noemi Basanta LLanes.
A tese leva por título "As formas cambiaron porque o mundo cambiou": construción discursiva e interseccional de identidades de xénero e sexualidade en conversas sobre ligar, e realizouse baixo a dirección do profesor Xosé Luís Regueira. A tese foi cualificada con sobresaliente cum laude.