Novo número de Estudos de Lingüística Galega

Data: 
mércores, Setembro 4, 2019 - 09:00
Imaxe: 
O número 11 da revista Estudos de Lingüística Galega, correspondente ó ano 2019, acaba de ser publicado e pode consultarse en http://www.usc.es/revistas/index.php/elg.
Este número conta con 10 artigos e 4 recensións.

A revista publica traballos de investigación sobre lingüística románica, e de xeito especial sobre as variedades iberorromances occidentais.

Estudos de Lingüística Galega conta co selo de calidade da FECYT e aparece indexada en Scopus, ERIH PLUS, ESCI, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory, REDIB etc