Xornada inaugural do semestre de mobilidade do EMLex

Data: 
mércores, Febreiro 26, 2020 - 10:30
Imaxe: 

O próximo 26 de febreiro ás 10:30 inaugurarase na Facultade de Filoloxía o semestre de mobilidade do Mestrado Europeo en Lexicografía EMLex.

No programa da xornada inaugural participan os investigadores do ILG, María Teresa Sanmarco Bande, que xunto a Belén Méndez Naya presentará as actividades "Todas as palabras do mundo. Un mundo de dicionarios" e "O dicionario imaxinario: dicionario de palabras inventadas"; e Antón Santamarina, que impartirá a charla "Retrato de catro lexicógrafos: Tommaseo, Littré, Mistral, Murray".