Concurso de vídeo Móvete
Prorrogado o prazo para o envío dos vídeos ata o 31 de xullo!
Consulta xa os vídeos!
O Instituto da Lingua Galega organiza o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.
Os vídeos que se presenten ao concurso deberán ser inéditos e orixinais e non poderán superar os 2 minutos de duración nin os 300 MB de tamaño. Os temas que se propoñen son:
- Móvete co galego
- Conmóvete co galego
- Promove o galego
O concurso está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º, 2º de Bacharelato ou un ciclo de FP Básica ou de Grao medio e pódese participar en dúas modalidades, individual e/ou en grupo, neste último caso baixo a dirección ou o asesoramento dun/dunha docente, que será responsable do proxecto e a persoa de contacto.
O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema. Valorarase a calidade e orixinalidade da peza, así como o uso creativo das tecnoloxías e das ferramentas empregadas.
O premio para o mellor vídeo individual de cada tema consistirá nun teléfono móbil iPhone. O premio para o mellor vídeo en grupo de cada tema consistirá nunha videocámara. Os restantes finalistas recibirán un smartwatch (modalidade individual) e un lote de libros (modalidade de grupo). É importante sinalar que os vídeos serán difundidos a través das contas de Instagram e Twitter do ILG e a través da súa canle de YouTube, de xeito que o vídeo que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso tamén recibirá un premio, unha tableta.
Esperamos os vosos vídeos antes do 31 de xullo de 2021!!
IMPORTANTE: Consulta as bases completas.
Corrección de erros (inclusión do alumnado dos ciclos de FP Básica e de Grao medio entre os destinatarios do concurso)
Formulario de inscrición
Colaboran