Presentación do volume VII do ALGa

O día 19 de xullo tivo lugar na sede da Fundación Barrié da Coruña a presentación do Altas Lingüístico Galego VII: O ser humano (II). No acto participaron o reitor da USC -Antonio López-, o director do ILG -Xosé Luís Regueira-, o presidente da Fundación Barrié -José María Arias Mosquera- e o secretario xeral de Cultura -Anxo Lorenzo-. Tamén estivo presente a profesora Rosario Álvarez, autora do volume xunto con Francisco Dubert e Xulio Sousa.
Con esta, son xa sete as publicacións derivadas do proxecto Altas Lingüístico Galego, cuxa finalidade é describir as variedades xeográficas do galego moderno. Este novo volume, constituído por 294 mapas, ocúpase das cuestións relacionadas coa familia, relacións de parentesco, a vida en sociedade e certos oficios.
Tanto este volume como os próximos edítanse coa axuda da Fundación Barrié e a colaboración do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.