A transmisión interxeracional do galego

Data: 
martes, Agosto 3, 2021 - 12:00
Imaxe: 

A revista Hispanismes. Revue de la Société des Hispanistes Français acaba de publicar no último número un traballo dos investigadores Henrique Monteagudo, Anik Nandi e Xaquín Loredo. Neste artigo, "A transmisión interxeracional do galego. Estratexias familiares de mantemento e convivencia", preséntase unha tipoloxía de perfís sociolingüísticos familiares e estúdase a súa evolución temporal e a súa distribución espacial para, posteriormente, analizar as distintas estratexias lingüísticas de cada perfil.