Seminario "Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital"
Data:
martes, Marzo 29, 2022 - 16:00
Imaxe:
O 29 de marzo e o 5 de abril, ás 16 horas, terán lugar na Facultade de Filoloxía as dúas sesións do seminario Falando coas máquinas. As tecnoloxías da fala na sociedade dixital, impartido por Carmen Magariños, investigadora do Proxecto Nós: O galego na sociedade e economía da intelixencia artificial (2021-CP080).
Esta actividade está organizada pola Facultade de Filoloxía e o Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada no marco do SEFORIN (Seminario de Formación e Innovación para estudantes de Mestrados da Facultade de Filoloxía).